Ahora en: Actualidad COSTA DA MORTE O PP de Camariñas anuncia unha inversión da Xunta de 50.000 euros para a XX Mostra do Encaixe de Camariñas

O PP de Camariñas anuncia unha inversión da Xunta de 50.000 euros para a XX Mostra do Encaixe de Camariñas

E-mail Imprimir PDF

• O Grupo Popular amósase satisfeito polo apoio explícito do Goberno Autonómico co evento e coa economía da comarca
• A Mostra terá lugar en Semana Santa, dende o 31 de marzo ó 4 de abril

Camariñas, 23 de febreiro de 2010. O voceiro do PP de Camariñas, Daniel Rego, tras manter unha reunión coa Directora Xeral de Comercio, María Nava Castro Domínguez, informa de que a Xunta concederá unha subvención por valor de 50.000 euros para a XX Mostra do Encaixe de Camariñas. Neste senso, Rego encomia a disposición da Directora Xeral de colaborar en todo momento co evento e de darlle así un pulo importante á Mostra.

 

Neste senso, o representante popular amosa a súa satisfacción, xa que pon de manifesto unha vez máis o compromiso do Goberno Autonómico coa comarca. Rego considera unha inversión clave, nun momento tan difícil de crise como o actual, que repercutirá de forma directa en darlle un impulso á economía do municipio. A Mostra do Encaixe, certame comercial e cultural de ámbito internacional e declarado de Interese Turístico de Galicia, terá lugar en Semana Santa, do 31 de marzo ó 4 de abril. Neste senso, Rego espera que este ano se cumpran tódalas expectativas e que o número de visitantes siga estando en torno ós 20.000.

0 Comentario

Añade un comentario

 
Carlos Negreira Souto

FOTOGALERÍA

 

PODCAST

 

ÚNETE AL PP