• O Grupo Popular acusa a Cea de pintar zonas amarela sen planificación e, posteriormente, non facer un seguimento do seu cumprimento
• Vázquez lamenta que a alcaldesa nacionalista actúe de xeito autoritario e non escoite a veciños e comerciantes.
Melide, 4 de febreiro de 2010. O PP de Melide presentou no pleno ordinario correspondente ó mes de febreiro un rogo no que lle prega á Socorro Cea que cese no seu empeño de actuar de xeito autoritario e sen contar co beneplácito e a opinión de veciños e comerciantes á hora de reorganizar o tráfico na vila, “sobre todo, cando se trata de suprimir prazas de aparcamento sen contemplacións, como é o caso da rúa Alvárez Carballido”, explica Vázquez.
O Grupo Popular municipal considera unha falta de respecto que de un día para outro haxa zonas onde se eliminan o 50 % dos aparcamentos a pesares de haber comercios, autónomos e hostaleiros que facturan moito ó longo do ano e que están dando postos de traballo a familias de Melide. Segundo palabras da voceira do Grupo Popular, “non podemos consentir que en época de crise o Concello coas súas actuacións prexudique ó comercio de Melide”.
Ánxeles Vázquez alerta sobre a sobrecarga de aparcamentos en dobre fila que a partir de agora haberá na Avda de Toques ó suprimir a metade dos aparcamentos da rúa Álvarez Carballido, o que provocará sen dúbida graves perigos ós peóns, tal e como o demostrar as estatísticas de accidentes rexistrados neste vial provincial.
A voceira do PP asegura que o bipartito se dedica a pintar zonas amarela sobre as que despois non se fai seguimento algún polo que lle pide ó actual goberno que cese neste empeño e se faga cumprir o que ata de agora está sinalizado feito que se pode constatar cada día que se incumpre.
Segundo a voceira do PP varios foron os veciños que lle trasladaron a Cea a súa desconformidade, ó igual que llo fixeron saber ó Grupo Popular, sen que no día de hoxe no pleno ordinario Cea dera unha solución ó problema que ela mesma provocou. “Os veciños van emprender unha recollida de firmas opoñéndose a estes feitos, xa que ninguén lles da explicacións convincentes dos motivos de esta reorganización”, informa Vázquez.



















0 Comentario